Rey eloxia “o grande esforzo” da Policía Local durante o estado de alarma

A alcaldesa da Coruña agradeceulles en persoa o seu inmenso labor por controlar a cidade e velar pola seguridade das e dos coruñeses nesta pandemia

A alcaldesa, Inés Rey, acudiu esta mañá ao cuartel da Policía Local en Orillamar para recoñecer o labor do corpo de seguridade durante as semanas máis difíciles desta pandemia. Con motivo do Día da Policía, cuxa celebración foi suspendida este ano pola crise sanitaria, a rexedora non quixo pasar por alto a súa visita ás instalacións policiais para lles agradecer tanto ás persoas que ocupan postos de mandos como ás e aos efectivos o seu grande esforzo ao velar pola seguridade desta cidade: “Realizaron un traballo extraordinario de apoio ás familias confinadas” e incluso, recordou o xesto humano que tiveron coas nenas e nenos acudindo ás súas casas no día dos seus aniversarios a lles dedicar unha canción desde a rúa.

A alcaldesa lembrou que houbo semanas en que lles deron os parabéns a máis de 60 cativas/os, “mais non deixaron por iso de lado as súas obrigas”. Rey gabou a súa profesionalidade nestes dous meses e outorgoulle a cada axente unha reprodución da Persoa Abandeirada da Milicia Honrada, en que se supón que están as orixes da Policía Local, en sinal de agradecemento.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.