Taekwondogalego. Maña comeza o I Campionato Galego Escolar de Técnica Online,

Iniciarase o torneo cunha primeira rolda na que as e os competidores terán que subir un vídeo a youtube co seu poomsae. Este vídeo incrustarase nunha APP, que os árbitros utilizará para puntuar e na que os participantes poderán observar tantos os seus exercicios como os dos seus rivais ou os de outras categorías (haberá un total de 10 categorías).

En principio, as semifinais están previstas para o próximo mércores (tamén sería un poomsae) e o sábado serían as finais (con dous poomsaes). Estas datas son estimativas, xa que dependerán de que o colectivo arbitral teña tempo para visionar e puntuar todos os vídeos presentados.

Este é o primeiro campionato galego online, pero haberá máis! Para os próximos días está previsto o Campionato Escolar de Técnica de Combate, no que os deportistas realizarán algúns dos movementos que se fan en combate e terá que facer o maior número posible durante un tempo establecido. E tamén se convocou o I Open Online de Habilidades de Combate FGT, aberto a clubs de fóra de Galicia (celebrarase en xuño).

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.