Hospitalizado un home ao queimarse tras un incendio na cociña da súa vivenda en Narón

Unha tixola esquecida ao lume foi a causa dun incendio na cociña dunha vivenda a pasada noite en Narón. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, un home precisou ser trasladado a un centro médico ao queimarse nas mans mentres intentaba atallar as lapas

Os feitos sucederon na rúa Río Landro, uns minutos antes das 23:30 horas. Nese momento, un veciño alertaba do incendio ao 112 Galicia.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Narón e da Policía Local.

Finalmente, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ardeu a campá extractora da cociña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.