Tui traballa na posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica Local

Está sendo consensuado por toda a corporación municipal e escoitando as propostas do tecido empresarial

O Concello de Tui traballa na posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica Local co que facer fronte as consecuencias económicas derivadas da crise provocada polo COVID-19. Consensuado por toda a corporación municipal esta actuación terá coma principal destinatarios ás empresas e as persoas autónomas do municipio.

Co inicio da desescalada o tecido empresarial e comercial terá que facer fronte a novos retos derivados da nova situación que estamos a vivir.

A primeira medida deste Plan de Reactivación está xa en marcha dende esta semana. Trátase da Oficina COVID-19 que de xeito telemático funciona xa a través da web municipal, tui.gal. Na mesma expertos de distintos ámbitos contestan as consultas e dúbidas que as empresas e autónomos plantexen en  relación coa crise do COVID-19 e as axudas de carácter fiscal, laboral e económico dispoñibles. Trátase dun servizo de atención personalizada a través de medios telemáticos, no que está tamén dispoñible toda a información de carácter normativo relacionado co COVID-19 de interese para empresas e autónomos.

Por outra parte dende o Concello de Tui traballase na elaboración dun Plan de Choque de apoio empresarial a nivel municipal.  Toda a corporación municipal está participando na súa elaboración e incorporará unha serie de medidas concretas para axudar a contrarrestar os efectos negativos da crise do COVID-19 no tecido empresarial local.

De forma paralela púxose en marcha a Mesa de Reactivación Local de Tui formada por representantes municipais e das empresas, asociacións empresariais e de autónomos. Trátase dun foro de participación no que coñecer directamente as necesidades concretas e propostas do sector para a activación económica do municipio.

Na primeira reunión telemática – celebrada o venres 24 de abril – participaron 13 representantes de asociacións comerciais, empresariais e autónomos, xunto ao alcalde, a concelleira de Comercio, e o concelleiro de Turismo.  Amais de escoitar de primeira man as necesidades do tecido económico local; os participantes presentaron las primeiras propostas con medidas administrativas, económicas, tributarias, de prevención de riscos laborais,… Estas propostas están sendo analizadas para poder implementalas no Plan de Reactivación Económica de Tui.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 − 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.