Un ferido ao volcar o seu vehículo na estrada de San Mateo en Narón

Os bombeiros do Speis de Narón tiveron que intervir nun accidente de tráfico rexistrado esta mañá á altura do quilómetro 2 da AC-116, a estrada de San Mateo, por unha saída de vía tras recibir unha alerta do 112 sobre un vehículo lixeiro que se atopa volcado lateralmente e fóra da estrada

Unha vez no punto os profesionais do Speis sinalizan a zona e estabilizan o vehículo para realizar a primeira valoración interior dunha persoa atrapada, que estaba consciente e estable que teñen que extraer practicando maniobras de liberación. Ante a situación decídese extraela pola parte posterior do turismo e realízanse os traballos precisos para xerar espazo no interior do vehículo e sacar á persoa inmovilizada para trasladala a unha ambulancia medicalizada que requeriu o Speis ante ese accidente para levala a un centro hospitalario.

Dende o Speis explicaron que ao tratarse dun vehículo híbrido foi preciso en primeira instancia desenerxizalo e aseguralo para evitar riscos eléctricos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.