Unha investigadora da Universidade da Coruña lidera un estudo sobre a comunicación e a crise do coronavirus en España

A profesora Carmen Costa Sánchez, xunto co docente Xosé López García, das Facultades de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago, respectivamente, veñen de publicar un artigo científico en que analizan a comunicación e a crise do coronavirus en España

A crise do coronavirus xerou unha complicada situación a nivel sanitario, económico e social que require, xustifican os autores, dun labor de comunicación fundamental para que a sociedade comprenda e colabore coas medidas adoptadas. A análise realizada polos investigadores contrapón as leccións aprendidas en crises de saúde pública anteriores coa comunicación efectuada desde as voces institucionais e desde a cobertura de prensa durante as primeiras etapas da crise da COVID-19 en España.

Entre as conclusións do estudo detéctase que a ausencia dun anuncio temperán, ou adiantamento dun escenario negativo, e as mensaxes de control nun contexto de incertidume provocaron unha transición brusca á seguinte etapa da crise, coincidente cunha explosión no número de contaxios, o que xerou medo. A fórmula de portavocía adoptada supón unha novidade respecto a situacións anteriores, pola elevada cantidade de voces oficiais. Esta portavocía técnica e institucional multiplicada permite, en positivo, levar a iniciativa e ser proactivos nas mensaxes enviadas á sociedade. En negativo, multiplica os riscos de contradición da mensaxe e copa todo o espazo mediático, satúrao, abrindo á cidadanía un escenario de atención e de tensión permanente, segundo conclúen os investigadores, engadindo que en canto á cobertura xornalística, localízanse exemplos de alarmismo e de sensacionalismo no tratamento informativo da pandemia.

Ver artigo íntegro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.