“Unión Europeísta – Europar Batasuna”, 33 anos. Por Francisco López, “Chesqui”

Francisco López, “Chesqui”

SECRETARIA XERAL PARTIDO  GALEGUISTA

Hoxe celebramos o dia de Europa, e hoxe deberíamos, dende Galicia, voltar a reivindicar con máis forza que nunca a “Europa dos Pobos” frente  aquéles que defenden a “Europa dos Estados”.

Dinos o noso irmán Castelao no Sempre en Galiza, que..”Galicia é unha unidade nacional perfeita e que, polo tanto ten dereito a dispor dos seus destiños…..”

Galicia foi recoñecida como nación no IX Congreso das Minorias Nacionais Europeas adscrito á Sociedade das Nacións Europeas, celebrado na cidade de Berna (Suiza) os días 16,17 e 18 de Septembro de 1933 (van alá xa 87 anos); a proposta foi presentada diante da asambleia polo Secretario de Relacións Internacionais do Partido Galeguista, o irmán Placido Castro.

Por conseguinte e como xa dixen ao comenzo deste artigo, hoxe faise máis necesario que nunca o facer valer os nosos dereitos coma pobo diferenciado dentro do conxunto dos pobos da Peninsula Ibérica, de Europa e do Mundo.

Os problemas que nos tocou vivir no noso tempo requiren solucións axeitadas a este tempo, e só os podemos afrontar e solucionar @s galeg@s, dende, por e para Galicia. Hoxe @s galeguistas voltamos a reivindicar o mesmo que xa reivindicamos na convocatoria ás primeiras eleccións ao Parlamento Europeo, o 10 de Xuño de 1987, ás que acudimos nunha coalición electoral xunto cos irmáns do Partido Nacionalista Vasco (PNV), denominada “Unión Europeísta – Europar Batasuna”, e na que participaban entre outros, persoeiros da talla de Jon Gangoiti Llaguno e Luís María Bandrés Unanue polo (PNV) ou Manuel Beiras Garcia, Pedro González López ou Ramón Martinez López (PG) !lembranzas eternas agora e sempre para todos eles!

A campaña eo contido programático da coalición estaba baseada nas reivindicacións dos sectores que sustentaban por aquelas datas o texido económico de Euskadi e Galicia:

¿Qué pasa en Europa coa nosa leite?, ¿Qué pasa en Europa co noso campo?, ¿ Qué pasa en Europa co noso mar?, ¿ Qué pasa en Europa coa nosa industria?; en definitiva ¿ Qué vai pasar en Europa coa osa Terra?

Hoxe 33 anos despos daquelas primeiras eleccións ao Parlamento Europeo, seguímonos facendo as mesmas preguntas.. ¿ Qué vai pasar coa Nosa Terra? A resposta e moi sinxela: Vai depender de tí , de mín, de cada un de nós!

¿Seguiran a mexar por nós e seguiremos decindo que chove? !Saúde e Terra!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.