Vídeo presentación da Marea Galeguista

“Marea Galeguista”, a coalición de En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista. En Marea xunto cunha trintena de mareas municipalistas, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista rexistraron a coalición electoral “Marea Galeguista” para presentarse ás Eleccións Autonómicas de 2020.
As tres forzas entenden que a denominada nova normalidade debe ser unha oportunidade de mellorar a calidade de vida de galegas e galegos, nun País e nun mundo socialmente máis xusto e ambientalmente máis sostible.
Asumen así o obxectivo de conseguir o benestar e combater as desigualdades e inxustizas que inda padecen moitas persoas e colectivos.
A “Marea Galeguista” é o resultante da vontade de unir forzas nun proxecto nacional, galego, aberto e inclusivo que poida canalizar politicamente a vontade cidadá de empregar as institucións para mellorar as condicións de vida da cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.