Vigo inicia a instalación das ramplas mecánicas na Gran Vía

Segundo informou Abel Caballero, este martes chegaron as primeiras cintas mecánicas que, unha vez conclúa a obra -previsiblemente en agosto-, facilitarán a subida da Gran Vía desde María Berdiales ata a rúa Venezuela. A humanización conta cun orzamento de 5,1 millóns, con financiamento de fondos FEDER da Unión Europea

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou que as ramplas mecánicas da humanización da Gran Vía comezarán a chegar desde mañá martes, para o que o seu emprazamento está a ser preparado desde este mesmo luns. As cintas quedarán xa situadas e preparadas para ser instaladas, despois comezará a montaxe da estrutura da cuberta e dos vidros desta, antes da plantación da masa vexetal e arbórea que, afirmou o rexedor, triplicará a existente antes da obra.

A previsión municipal data para agosto a finalización da humanización deste primeiro tramo da Gran Vía, no treito comprendido entre María Berdiales e a rúa Venezuela. A reforma presenta un orzamento próximo aos 5,2 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea a través dos fondos FEDER.

Xunto á da Gran Vía, o goberno de Vigo acomete neste momento obras de mellora en distintos puntos da cidade. Abel Caballero citou a peonalización da Porta do Sol (cun orzamento de 17 millóns de euros), a humanización da Ronda don Bosco (por algo menos de dous millóns de euros), o pavillón de Quirós (con máis de 3,2 millóns), a humanización da estrada do Porto (máis de 3 millóns de euros) ou o carril bici (con preto de seis millóns de orzamento).

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete + 19 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.