Vigo recibe 375 solicitudes para novas terrazas de establecementos e ampliacións

Abel Caballero informou de que o Concello de Vigo recibiu nos últimos días un total de 375 solicitudes para ampliación de terrazas ou instalacións novas. A día de hoxe xa foron resoltas positivamente 325 das peticións. “Actuamos rápido e sabemos a importancia que ten para o negocio e o ocio”, sinalou

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que o Concello de Vigo xa concedeu nas últimas horas un total de 325 autorizacións a instalación de novas terrazas ou ampliacións das que xa funcionan. Ademais, explicou que outras 55 solicitudes serán resoltas nos vindeiras horas coa máxima celeridade.

“Actuamos con rapidez porque sabemos a importancia que ten para os negocios, e tamén para o ocio”, sinalou durante a rolda de prensa celebrada por vídeo conferencia. Caballero animou a todos os hostaleiros que o desexen a realizar a petición e garantiu a resolución no mínimo tempo posible.

Desde o anuncio da posibilidade de ampliar as terrazas, o Concello recibiu un total de 375 solicitudes, 320 de elas para novas instalacións ou renovación do permiso en 2020 y outras 55 para ampliacións de terrazas que xa contaban con autorización este ano.

Denuncias

Ademais, o alcalde sinalou que nas últimas horas foron denunciados os propietarios de dous establecementos da cidade por non cumprir as medidas da Fase 1 de desescalada pola pandemia do Covid-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.