Presentación de Cairón, Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns

O sábado 4 de xullo ás 20 h. o IEU presentará na súa sede social de Monterroso o número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns. Intervirán na presentación o director de Cairón, Daniel Salgado, o xornalista Fernando Salgado,  e o director do IEU, Francisco Pardo.

O venres 17 de xullo ás 17 h. terá lugar no castelo de Pambre (Palas de Rei) a segunda presentación de Cairón nº 4, acompañada dunha visita ao castelo guiada por Francisco Pardo. Intervirán nesta ocasión o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, o galerista Braulio Vilariño, e o director do IEU, Francisco Pardo.

 E finalmente o sábado 18 de xullo ás 20 h., a revista Cairón será presentada na Igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla pola deputada provincial Pilar García Porto, polo escritor e historiador Xosé Lois García, polo párroco de Antas de Ulla Javier Diéguez, e por Xurxo Mouriño en representación do IEU. O lugar de presentación, unha igrexa románica, responde á divulgación do estudo sobre a arte románica na comarca da Ulloa que na actualidade están levando a cabo socios, socias  e colaboradores do IEU.

      Neste cuarto número de Cairón, coordinado polo xornalista e poeta Daniel Salgado, publica a escritora ecoloxista Adela Figueroa o artigo “A Eira da Xoana”;  a historiadora María José Gómez Alvite, “As vías de comunicación na bisbarra da Ulloa”; o escritor e historiador Xosé Lois García, “Achegas á simboloxía do románico de Antas de Ulla”; o biólogo Xurxo Mouriño “Flora da Ulloa: historia e análise do coñecemento botánico dispoñíbel”; o historiador Francisco Pardo, “Persoeiros do Castelo de Pambre (II)”; o xornalista Fernando Salgado, “Os tres primeiros alcaldes franquistas de Monterroso. O convulso procedemento dos gobernadores civís para configurar corporacións municipais leais aos sublevados”; o historiador Jesús Otero Pereiras, “A Ulloa setetrional vista cos ollos dun erudito do século XIX. Recuerdos de viaje por Galicia, de José María Gil Rey”; o xeógrafo Francisco Armas Quintá, “Diáspora e retorno na Galicia interior. O caso de Antas de Ulla”; e como creación literaria participan Paco Ledo con “Poemas” e Fernando García Penas con “Benvida á Torre de Pambre”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.