779 solicitudes para acollerse ás subvencións do programa municipal “Narón impulsa”

O prazo para solicitar as subvencións do programa municipal “Narón Impulsa” rematou o pasado martes, rexistrándose no Concello, a través da Sede Electrónica, un total de 779 solicitudes

Empresas, microempresas e autónomos da cidade son os destinatarios destas axudas, concebidas para ofrecer liquidez a un sector que padece os graves efectos da crise da Covid-19. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que “dende o goberno local destinamos unha partida de tres millóns de euros a este programa, co fin de que puidesen acollerse ao mesmo todas aquelas empresarias e empresarios que tiveron que cesar a actividade das súas empresas tras decretarse o estado de alarma ou viron reducida a súa facturación en alomenos o 75% neste período e cumpren os requisitos das bases reguladoras establecidos para esta convocatoria”.

Ferreiro explicou que o procedemento a seguir para facer efectivos os pagos a todos aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos, será convocar unha reunión da Comisión de valoración que se encargará de dictaminar sobre cada unha das solicitudes. A citada comisión elaborará unha proposta provisional de acordo  -que se publicará na Sede Electrónica do Concello- na que figurarán tres casos: as persoas solicitantes que reúnen todos os requisitos e documentación requerida na convocatoria; as solicitantes que non cumpren os requisitos establecidos, desestimando a súa solicitude, e as que non aportaron a totalidade da documentación precisa na convocatoria, indicando neste último caso de que documentación se trata. Nos dous últimos casos, os solicitantes disporán dun prazo de dez días hábiles para que presenten as alegacións que consideren oportunas ou, de ser o caso, enmenden a súa solicitude e presenten a documentación requerida. Unha vez transcurrido o prazo e co informe do Servizo Instructor, a proposta levarase á Comisión de Valoración para que a someta a aprobación do órgano competente e se publique de novo.

As subvencións do programa son de 2.000 euros para persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou con ata dous traballadores/as a 1 de marzo deste ano; de 3.000 para persoas físicas e xurídicas con entre 3 e 9 traballadores/as tamén a 1 de marzo e, por último, de 4.000 euros para o mesmo colectivo pero cun cadro de persoal de entre 10 e 49 empregados/as a 1 de marzo deste ano. As persoas que reciban a subvención deberán presentar no mes de xaneiro do vindeiro ano unha serie de documentación xustificativa de que cumpriron as obrigas establecidas nas bases.

“O programa “Narón Impulsa” xorde cun fin moi específico e co obxectivo de axudar ás empresarias e empresarios da nosa cidade nuns tempos moi complicados, poñendo á súa disposición unha serie de recursos económicos a través dos que paliar os efectos da crise do coronavirus nas súas empresas”, subliñou Ferreiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.