A Concellería de Sanidade de Carral segue a loitar polo Pediatra

Alternativa dos Veciños de Carral está a loitar por un servizo digno de pediatría no Centro de Saúde de Carral

A Concelleira de Sanidade de Carral, acaba de solicitar unha reunión urxente co Conselleiro de Sanidade para expoñer os problemas da ausencia do pediatra en Carral durante os meses de verán, situación que se agrava pola ausencia de transporte público a Cambre.

Alternativa dos Veciños de Carral espera que todo se resolva. “Se non fose así, estamos dispostos a apoiar e fomentar ás familias nas súas protestas e manifestacións ante as inminentes eleccións ao Parlamento de Galicia”, declaran dende a formación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.