A Coruña será la primera ciudad de España en celebrar un encuentro profesional con los nuevos protocolos del ICTE

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña celebrará na tarde do vindeiro martes 30 de xuño un Encontro Profesional que levará por título ‘Fase A Coruña’ e no que se abordará a situación e retos do sector turístico tras a crise sanitaria. O Encontro será o primeiro que se celebre cos novos protocolos do ICTE por mor da Covid-19. Ademais, presentaraselle aos profesionais asistentes unha batería de medidas para reactivar a actividade turística da cidade.
O encontro celebrarase no Palexco e terá aforo limitado a 80 persoas, que só poderán ser profesionais do sector. Tamén se habilitará un streaming para que poida ser seguido en directo online. A xornada estará dividida en tres partes: Primeiro terá unha mesa de debate que leva por nome ‘Turismo MICE: A Coruña e Galicia preparadas para organizar” na que estarán presentes representantes do sector. A continuación presentarase en público o plan de choque de Turismo da Coruña para a crise da Covid-19.
A xornada rematará co Foro Radio Coruña Cadena Ser: “Ser parte de la solución: Turismo” que estará dividido en dúas partes, na primeira estará a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o alcalde de Braga, Ricardo Río, e a alcaldesa de Gijón, Ana González. Na segunda parte estará o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o presidente de Turismo de Oporto e Norte de Portugal, Luis Pedro Martíns, o director do Aeroporto da Coruña, Jesús Campo, o xornalista de viaxes Paco Nadal e a xerenta de Turismo da Coruña, Lanzada Calatayud.

Para a organización deste evento aplicaranse as directrices e recomendacións recollidas no protocolo elaborado polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para a redución do contaxio pola Covid-19 en congresos, convencións e reunións, o que supón que A Coruña será a primeira cidade española en poñer en práctica estas recomendacións.

Este protocolo foi elaborado polo grupo de traballo impulsado polo ICTE en colaboración AFE, APCE, FORO MICE, CEAV, Spain Convention Bureau, Comunidades Autónomas, FEMP e organizacións e empresas do sector, ademais de consensuado coa Asociación Española de Servicios de Prevención Laboral (AESPLA), PRLInnovación, os sindicatos CCOO e UGT, e foi valorado polo Ministerio de Sanidade.

O documento establece directrices e recomendacións a aplicar no desenvolvemento da actividade de congresos, reunións, incentivos, convencións, conferencias comerciais e eventos (actividade MICE), de cara a minimizar o risco de contaxio da Covid-19 tanto dos participantes nos eventos como dos empregados.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.