A Deputación defende un modelo público de residencias fronte á “aposta do PP na Xunta polo negocio, que deixou un legado cruel na pandemia”

Aprobada no Pleno unha moción do PSdeG na que reclama o cambio do sistema privatizador dos centros de maiores deseñado por Feijóo por unha xestión como a da Deputación, “coa persoa no centro da atención”, subliñou o Presidente

“As medidas estrela de Feijóo durante a crise foron enviar respiradores a Ayuso, o bono da vergoña de 250€ ao persoal sanitario e, a última, de onte mesmo, converter as residencias en locais electorais. Para isto é para o único que lles preocupan os maiores”, asegurou Pablo Rivera

O Pleno, coa abstención do PP,  acordou reclamar ao Estado e á Xunta que exerzan as accións necesarias para intervir Alcoa co fin de manter a actividade industrial da planta e os seus postos de traballo, unha proposta feita polo propio Presidente da Deputación o mesmo día que empresa anunciou o despido colectivo

O Goberno da Deputación, cos votos en  contra do PP, reclama á Xunta que escoite ao audiovisual e elabore un plan específico para reactivar o sector, con medidas económicas e a creación dunha Film Comission que consolide Galicia como plató de rodaxe e con capacidade de atraer proxectos internacionais

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.