A limpeza da Muralla de Lugo se acometerá cando remate o período de nidificación dos cirrios

É preciso agardar a finais do verán ou principios do outono, cando o protocolo estableza que é o momento óptimo dende o punto de vista ecolóxico e fitosanitario

A Consellería de Cultura e Turismo acometerá a limpeza da vexetación dos paramentos da Muralla unha vez que remate o período de nidificación das especies que habitan o monumento, como todos os anos.

Ante a demanda do Concello de Lugo, a Xunta aclara que “aínda estamos no período de cría dos cirrios, como evidencian os numerosos exemplares que se poden contemplar en  moitos puntos da cidade voando a baixa altura na contorna máis inmediata da Muralla”.

“O Concello sabe que os labores de retirada da vexetación poden danar os niños e por iso, en cada campaña, se suspenden durante a primavera para retomalos unha vez remata o período de cría. Neste sentido, como é habitual, a retirada de vexetación manual realizarase a finais de verán ou principios do outono, cando o protocolo estableza que é o momento óptimo desde un punto de vista ecolóxico e fitosanitario”.

Mentres tanto, continúan executándose no monumento outros traballos de mantemento compatibles coa preservación dos cirrios. Así, a consellería acaba de rematar un proxecto de conservación dotado cun orzamento 235.000 euros, que se suma á restauración do cubo XXXI, rematada no mes de abril cun orzamento de 142.000 euros, o que supón un investimento próximo aos 400.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.