A Policía Local e a alcaldesa, María Ramallo, fan entrega dos premios á gañadora da iniciativa #MarínEnCasa

Esta actividade, ideada polo corpo de seguridade local, animaba á veciñanza a compartir vídeos e fotos do seu confinamento que foron subidos ao Facebook da Policía. O que máis “Gústame” recibiu foi o que levou o premio, entregado hoxe nas dependencias do Concello

A Policía Local de Marín clausurou, coincidindo co levantamento do Estado de Alarma na nosa comunidade, a súa iniciativa #MarínEnCasa, coa que animaban á veciñanza a compartir instantáneas divertidas ou representativas do seu día a día no confinamento, tendo como especiais protagonistas aos máis pequenos.

Estas fotos fóronse subindo a medida que se recibían á páxina de Facebook da Policía Local, resultando a de Xiana Méndez a que máis “Gústame” colleitou, cun total de 268.

A alcaldesa, María Ramallo, e o axente do corpo de seguridade Salvador Montes, fixeron entrega a Carmen, filla de Xiana, do premio, consistente nunha placa da Policía Local, un lote de material escolar doado por unha copistería de Vigo e un vale para dúas persoas para unha cea ou unha comida no Restaurante Camarote, que a pequena quixo regalarlle a seus pais.

A Policía agradeceu enormemente “a participación, e esperamos ter aportado o noso grao de area para que o confinamento teña sido máis levadeiro”. Tamén anunciaron que todos aqueles que participaron enviando a súa fotografía ou o seu vídeo serán obsequiados cun set de escritura, doado pola mesma empresa viguesa, que poderá recollerse na sede da Policía de luns a venres en horario de mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez + dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.