A Universidade da Coruña reabre as aulas de estudo con límite de aforo e medidas de seguridade

A Universidade da Coruña reabre este martes as aulas de estudo para que o alumnado universitario poida estudar en sala durante o tempo de apertura dos centros cunha limitación de aforo e cumprindo as medidas de seguridade estipuladas

A Universidade acondicionou as aulas de estudo para cumprir coas normas de distanciamento delimitando as prazas dispoñibles en cada un dos centros. Así, o Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, terá dispoñibles un total de 111 prazas; no Centro Universitario de Riazor, Campus de Riazor, habilítanse un total de 131 prazas (Estudo 1: 14; Estudo 2: 50; Estudo 3: 18; Estudo 4: 18 e Estudo 5: 31 postos). Finalmente, no Edificio de Apoio ao Estudo, Campus de Ferrol, haberá dispoñibles un total de 89 prazas.

O horario de apertura destes espazos será de 9:00 a 21:00 horas, que se poderá ampliar en función da demanda existente.

Estes espazos, que poden usarse desde este martes para estudar, están dispoñibles xa desde hai días para a realización de exames en liña para todos aqueles estudantes que así o soliciten previamente, coa antelación suficiente para unha correcta organización. Terán preferencia os estudantes que acudan para a realización dos seus exames.

A Universidade da Coruña, logo de diversos acordos con outras universidades, poderá acoller nestes espazos a universitarios que veñan realizar exames en liña procedentes de Santiago de Compostela, Vigo, Burgos, Cantabria, Castilla-La Mancha, Extremadura, Illes Balears, La Rioja, Oviedo, País Vasco, Pública de Navarra, Valladolid e Zaragoza. Así mesmo, o alumnado da UDC poderá acudir aos espazos habilitados por estas universidades, salvo Vigo, para realizar neles os exames virtuais.

A Universidade recomenda ao alumnado que faga uso das súas instalacións que manteña as distancias de seguridade, empregue máscara e hixienice as mans, así como recomenda ter un kit desinfectante.

Bibliotecas

Ademais do uso destes espazos para que o alumnado poida estudar, a rede de bibliotecas universitarias ten habilitadas diversas prazas para estudo dentro dun horario determinado.

  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior: Consulta ou estudio de 9.00-14.30h e de 15-20.30h. Sen cita previa. 25 prazas.
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica. 09.00-14.30h e de 15-20.30 h. Sen cita previa. 32 prazas.
  • Casa do Patín. 10.00h-14.00h e de 16.00-20.00h. Só para consulta: 2 prazas con cita previa .
  • Biblioteca Universitaria de Oza. 09.15h a 14.15h e de 14.45h-19.45h. Sen cita previa. 20 prazas.
  • Biblioteca de Facultade de CC do Deporte. 09.00-20.30h. Sen cita previa. 25 prazas.
  • Biblioteca de Náutica. 09.00-14.00h-15.00-19.00h. Sen cita previa. 20 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Educación. 10.00-14.00h e de 16.00h-20.00h. Con cita previa. 7 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Dereito. de 10.00h-14.00 e de 16.00-20.00h. O estudo é sen cita previa. A consulta é con cita previa. 44 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación. De 09.30-14.00h e de 15.30 a 20.00h. Con cita previa. 16 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Economía. De 09.00-14.00h e de 15.00h-20.00h. Sen cita previa. 28 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Informática. de 09.00-19.00h. Sen cita previa. 50 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Camiños, Canais e Portos. De 09.15-14.15h e de 15.15h -20.15h. Con cita previa. 19 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias. De 09.30-14.00h e de 15.30-20.00h. Con cita previa. 24 prazas.
  • Biblioteca da Escola de Arquitectura Técnica. De 10.00h-14.00h e de 16.00-20.00h. Con cita previa. Para estudo son 15 prazas e para consulta 5 prazas.
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura. De 08.45h-20.45h. Sen cita previa. 34 prazas.
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía. 09-14.30-15.30-20.00h. Con cita previa. 21 prazas.

A cita previa poderá solicitarse en: https://www.udc.es/gl/biblioteca/gestion_online/cita-previa/. Todas as bibliotecas están abertas ao público para o préstamo, devolución e consulta en sala de documentos con cita previa seguindo as indicacións establecidas na páxina: https://www.udc.es/gl/biblioteca/a-budc-queda-na-casa/a-biblioteca/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.