A Xunta financia as obras de conexión de saneamento en Carrascal – Arbo

A obra serán financiadas o  100% pola  Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Esta actuación conta con financiamento do 100% da Vicepresidencia, Administración Públicas e Xustiza, no importe de 31.982,77 en virtude de subvención concedida polo referido importe en virtude de  Resolución de data 05.06.2020.

Con dita actuación preténdese dotar de saneamento á zona de Carrascal en Arbo, de maneira que, cunha solución por gravidade a través do camiño público que comunica o barrio, se canalice ata a rede xeral ao seu paso pola estrada PO-400, da rede de estradas da Xunta de Galicia.

O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamentos, 14 estacións depuradoras de augas residuais e 4 estacións de bombeos de augas residuais, aínda  ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán a rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Carrascal coa rede xeral.

Con esta obra se pretende dar servizo a este barrio que ata o momento non contaba con acometida a rede xeral de saneamento informa o alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil. As obras están dentro do plan de melloras que ten o actual goberno para favorecer a vida dos veciños e veciñas de Arbo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.