Aberto ao tráfico o carril do Paseo Marítimo peonalizado desde as Escravas ata os Surfistas durante o estado de alarma

Mantense o resto do carril para uso peonil desde as Escravas ata O Portiño, e desde os Surfistas ata o dique

O Concello abriu hoxe á circulación de vehículos o tramo do carril do paseo marítimo que discorre entre as Escravas e a fonte dos Surfistas debido á alta densidade de tráfico que existe nesta zona do paseo e que estaba a provocar problemas de circulación na cidade. A Concellería de Mobilidade pretende con esta medida garantir a seguridade das persoas. O resto do carril habilitado durante a pandemia para uso peonil mantense. Así, o tramo entre os Surfistas e o dique de Abrigo seguirá sendo para as persoas viandantes. A restrición para os coches tamén se mantén entre as Escravas e a zona do Millennium-Portiño.

O persoal responsable da Concellería de Mobilidade está a estudar distintas actuacións para consolidar este carril para uso das peoas e dos peóns. Algúns tramos poderían ser utilizados para bicicletas e vehículos de mobilidade persoal, mentres que outros serán reformados para continuar a senda destinada ás corredoras e aos corredores. A intención do Concello é a de consolidar a maior parte dos carrís que se fixeron peonís de forma temporal durante o confinamento pola COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.