Acondicionan o tramo da rúa Rei Chiquito entre a Rúa Atalaia e o enlace coa N-VI en Lugo

Debido á estreitez da rúa non se pode manter aberta á cirulación mentres se realicen os traballos

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas informou de que a partir de mañá se pechará a circulación da Rúa Rei Chiquito debido ao inicio dos traballos de asfaltado no tramo comprendido entre a rúa Atalaia e a intersección coa vía de servizo da N-VI. “Realizamos esta intervención debido ao mal estado de conservación desta vía”.

“Debido á estreitez da rúa vémonos obrigados a pechar a circulación do tráfico, polo que pedimos á veciñanza que utilice vías alternativas”, informou Alexandre Penas, que informou que se realizará unha limpeza do vial para renovar o asfalto con mestura en quente, ademais do pintado da sinalización horizontal e a renovación da vertical.

A actuación será realizada pola empresa Construcciones Leonardo Miguélez S.L., e ten un importe de 23.077,12€. Desde a concellería de  Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza da contorna que circule con precaución para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.