Allariz crea o selo “Allariz San”

O Concello de Allariz crea o selo “Allariz San” para o comercio e a hostalería local, a través  da Área de Promoción Económica, Comercio e Turismo

Este distintivo diferenciará  aos comercios, bares, restaurantes, hoteis e establecementos que cumpran os requisitos de hixiene e limpeza para a prevención e control da covid-19. Reforzando así a confianza da poboación de Allariz e dos turistas no destino.

A solicitude do recoñecemento está  dispoñible  no correo electrónico comercio@allariz.gal ou fisicamente nas oficinas de Promoción Económica na rúa do portelo número 4, concertando cita previa no 988 442 210 a partir deste mércores 3 de xuño, para os establecementos que cumpran o protocolo do selo.

O distintivo é de balde, voluntario e esixe a posta en marcha nas empresas dun protocolo, de acordo cas recomendacións do Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e o Concello de Allariz, garantindo así hixiene necesaria para evitar riscos de contaxio.

Despois de asinar a declaración de compromiso os establecementos poden usar o selo fisicamente nas súas instalacións ou nas súas paxinas web e redes sociais. Realizaranse auditorías aleatorias nos establecementos adheridos.

Con esta medida, o Concello de Allariz non só pretende transmitir ás empresas información sobre as medidas necesarias de hixiene e limpeza dos establecementos senón tamén promover Allariz coma un destino seguro e saudable Dende o punto de vista dis controis da propagación da covid-19, con unha acción coordinada con todas as empresas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.