Alternativa de Arteixo solicita unha “limpeza de choque” para sanear o municipio

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que poña en marcha unha limpeza de choque para sanear o municipio.  “Todas as parroquias atópanse nun estado lamentable como consecuencia dun total abandono por parte do concello”

A maleza segue o seu camiño e xa invade as rúas, as beirarrúas, os parques, as papeleiras, os contedores, as marquesiñas e mesmo as casas. Nalgunhas zonas onde se están a realizar traballos de roza, xa non se sabe se é mellor como estaba ou como o deixan. Unhas rozas onde os restos triturados non son retirados e que quedan no medio da estrada ata que o vento e a choiva os arrastra. Un verdadeiro desastre” declaran dende Alternativa de Arteixo.

“Por iso, esiximos ao Concello que poña en marcha de inmediato unha limpeza de choque para sanear o municipio. De non ser así nun breve período de tempo a maleza e as ratas estarán dentro das casas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *