Arbo abre a prescrición para o Punto de Atención a Infancia

O Concello de Arbo informa que, para dar cumprimento ao Regulamento de Réxime Interno do PAI (Punto de Atención á Infancia), sito en Barcela, ábrese o prazo de prescrición para novas solicitudes cara ao comezo do curso 2020/2021 (de setembro a xullo)

O prazo de entrega destas novas solicitudes,  que comezaría o pasado 16 de marzo, foi suspendido por motivo sanitarios derivados da crise do Covid-19, agora retómase de novo este procedemento e ábrese o prazo dende o día 2 ata o 16 de xuño de 2020.

Unha vez rematado o prazo, aplicaranse os criterios de admisión que aparecen no artigo 8 do Regulamento. A partir do 16 de xuño de 2020 farase público a listaxe provisional de nenas/os admitidas/os para o seguinte curso e a listaxe de agarda (se a houbese), e abrirase un período de 15 días para presentar reclamacións. A continuación publicarase a listaxe definitiva.

Os modelos de solicitude poden descargarse a través da páxina web do Concello (www.concellodearbo.es), ou ben,  poden recollerse e presentarse  nas dependencias de Servizos Sociais, 2º andar (mediante cita previa). A presentación tamén se poderá facer a través da sede electrónica do Concello de Arbo (https://concellodearbo.sedelectronica.gal/) para aqueles que dispoñan de algún sistema de identificación electrónico (sistema clave, certificado dixital, …)

Para calquera dúbida, pódese contactar telefonicamente chamando ao Concello de Arbo 986 66 50 00 ou no teléfono 627 459 808, en horario de 8.00 a 15.00 h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.