Arbo quere recuperar e por en valor os antigos lavadoiros

Concello de Arbo mellorará o Lavadoiro de Sela e o de A Hermida con cargo a unha achega da Deputación de Pontevedra

O Concello de Arbo, saca a licitación, con un orzamento de 21.824,56€.- as obras de mellora e embellecemento de dous antigos lavadoiros sitos nas parroquias de Sela e Mourentán

A Cultura da auga e o recordo ás antigas lavandeiras  centra o interés por estas actuación que xa se levan desenvolvendo nos últimos anos en outras parroquias dado o seu deterioro polo paso dos anos e xa non ser usados como antigamente.

O goberno arbense está levando unha serie de traballos dirixidos a rehabilitación do patrimonio histórico e cultural de Arbo, entre os que cabe destacar as labores de recuperación dos lavadoiros. Coas obras proxectadas pretendese  conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes. Mellorando as condicións das construcións existentes, mellorarase a súa funcionalidade e fomentarase o uso e mantemento.

No tocante  as intervencións engloba acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións. Drenaxes perimetrais ás construcións. Substitución de estruturas deterioradas.As estruturas non aptas para a súa reutilización serán substituídas por outras novas, sempre cunha imaxe tradicional do elemento.  Retellado .Pavimentación en interior e accesos. Limpeza e  encintado de elementos de cachotería de pedra. Revestimento e pintado de  paramentos, teitos e todo elemento de fábrica, con cores acordes co medio. Reparación ou substitución dos elementos singulares.

“Os lavadoiros son parte da cultura e tradición de Galicia así como a da arbense, un patrimonio que se debe coidar e recuperar. Nos últimos anos se levan recuperado lavadoiros tan importantes como o de Turbela, San Xoan, Valiñas, o Urzal, Couto… e se seguiran recuperando”- afirma o rexedor Horacio Gil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.