Arteixo lanza a súa oferta de campamentos para o verán

O verán trae de volta os campamentos que oferta cada ano a Concellería de e Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación de Arteixo co obxectivo de facilitar a conciliación das familias e ofrecer aos menores alternativas de ocio educativo e saudable

Este verán volve o “Laboratorio musical” ao que se suman “Edusaúde Arteixo” e o Campamento de Conciliación que desenvolverase baixo o epígrafe “A máquina do tempo”.

O prazo de inscrición remata o 11 de xuño próximo.

En todos eles as familias deberán cumprir estrictamente todas as condicións e medidas que se lles indiquen como forma de protección da saúde de todas as persoas participantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.