As paradas de bus de Novo Mesoiro terán accesibilidade

O concello traballará este verán na creación dunha zona que se reservará aos autocares escolares, así como un novo paso peonil na contorna do futuro colexio

A Concellería de Mobilidade ultima as obras de mellora da accesibilidade nas oito paradas de autobús urbano que realiza a liña 21 no barrio de Novo Mesoiro. A actuación consistiu na ampliación das beirarrúas na zona do andén até a liña de calzada e inclúe unha nova sinalización podotáctil.

Os traballos realizáronse despois de que o equipo de Mobilidade percorrera o barrio o pasado 10 de marzo xunto as persoas representantes da asociación veciñal, as cales lles remitiron un dossier coas principais carencias do servizo do transporte público en Novo Mesoiro. Tras estudalo, decidiron intervir na zona en que tamén teñen proxectada a habilitación este verán dun espazo reservado aos autocares escolares e un novo paso peonil na contorna do futuro colexio. Desde a concellería aseguran que ambas actuacións estarán listas para o inicio do curso escolar, pero que de momento non poden comezalas porque interferirían na obra do centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.