Carballo desinfecta os parques infantís antes da reapertura

Ao longo desta semana tamén quedarán abertas as instalacións deportivas ao aire libre

Esta semana xa puidemos ver aos primeiros nenos e nenas xogando de novo nos parques infantís de Carballo. Non en todos, porque antes de poñelos a disposición das familias unha empresa especializada para desinfectalos está a traballar, pero entre hoxe e mañá está previsto que rematen os traballos na zona urbana e o mércores realizaranse nos parques das parroquias.

Dende a Concellaría de Servizos piden a colaboración da cidadanía para que “os traballos poidan desenvolverse coa maior celeridade e para que se respecten as normas de uso dos parques infantís, empezando polas dúas horas de agarda que deben manterse dende o remate da desinfección ata o seu uso”. Así mesmo, agradecen ás persoas usuarias “que se detectan algunha anomalía o dano nos xogos infantís o comunique ao Concello para poder darlle solución o antes posible”.

Ademais dos parques infantís, ao longo desta semana tamén irán reabrindo as distintas instalacións deportivas cubertas existentes en todo o concello, nas que serán de obrigado cumprimento as normas sobre distanciamento social, hixiene e prevención establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.