Carlos López, primeira fichaxe do Bergantiños para a vindeira temporada

Procedente do CD As Pontes, chega a Carballo un dos mellores futbolistas galegos da xeración do 96, que se desenvolve na mediapunta, no costado esquerdo do ataque ou na dianteira: un zurdo de moita calidade para o novo proxecto de José Luis Lemos

Comezou a súa andaina como futbolística aos cinco anos no equipo do seu pobo, o Numancia de Ares, desde onde, xa como alevín, se incorporou ao Deportivo da Coruña, club que abandonou na súa etapa cadete para fichar polo Racing de Ferrol. Alí comeza a destacar e, en idade xuvenil, é convocado pola selección galega sub-18 e chega a debutar co primeiro equipo departamental.

Aínda como xuvenil, xoga cedido no Mugardos, en Terceira División, e á campaña seguinte, no Cerceda, club no que continuará un curso máis, xa en Segunda B. Coa desaparición do Cerceda, Carlos ficha polo C.D. As Pontes: no seu primeiro año, en Preferente, consigue o ascenso e unha salientable cifra de goles, 23. Xa en Terceira, a temporada pasada volveu ser un dos xogadores importantes non só do equipo, senón de toda a categoría.

“Estou moi contento de formar parte de este gran club”, declarou tras asinar a súa contratación. “E, por suposto, moi ilusionado por formar parte do proxecto. Espero que contribuír a acadar os obxectivos e estar o máis arriba posible, cos mellores”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.