Céltiga homenaxeará a Manuel Torres na primeira exposición que acollerá o Museo tras a súa reapertura

A asociación artística adianta que haberá “sorpresas” na utilización de soportes pictóricos escollidos polas artistas Inés Pampín e Patricia Otero. A mostra inaugurarase o 1 de xullo

A concelleira Itziar Álvarez e as pintoras Inés Pampín e Patricia Otero, acompañadas do membro de Céltiga Richard Pazos, presentaron a exposición de óleos “Nalgures na Galicia”, unha mostra que se inaugurará o día 1 de xullo e poderá visitarse no horario do Museo até o 15 de xullo.

Esta actividade está enmarcada nos actos do Ano Torres, xa que suporá “unha auténtica homenaxe” para o artista de Marín, “porque reproducimos escenas que el pintaba, pero adaptándoas ao estilo que nos caracteriza”.

O obxectivo, segundo as artistas, é o de recrear esa Galicia e ese Marín dos anos 40 e 50 que viviu Manuel Torres, que coñeceu e que quixo plasmar na súa inolvidable obra. “Haberá escenas costumbristas do mundo marítimo, do campo…”.

A técnica predominante da exposición será o óleo pero a asociación artística xa adianta que “haberá sorportes moi chamativos e novidosos, porque queriamos ser orixinais e plantexar unha exposición diferente”.

A mostra estará 15 días aberta ao público no Museo Torres, que conta con todas as medidas de prevención e seguridade adaptadas á nova normalidade: control de aforos, dispoñibilidade de xel hidroalcohólico, obligatoriedade no uso de mascarillas, itinerarios trazados no chan…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.