Ciudadanos Lugo denuncia “o abandono e a falta de seguridade” no Paseo dos Muiños, na parroquia de Orbazai

A portavoz municipal, Olga Louzao, insta ao Goberno local a levar a cabo as tarefas necesarias ante a Deputación provincial para executar os traballos de restauración e critica a inacción do executivo de Lara Méndez ao que esixe que vele pola conservación do patrimonio medioambiental e etnográfico de todos os lucenses

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, criticou con dureza o estado de abandono no que se atopa o Paseo dos Muiños, na contorna do río Mera. Este paraxe situado na parroquia de Orbazai está sendo máis frecuentado do habitual por veciños e veciñas do municipio durante este período de desconfinamento para practicar deporte e para realizar paseos. «A zona adoece dun claro déficit de seguridade posto que as pasarelas de madeira instaladas para sortear os distintos desniveis da ruta están podrecidas e existe un grande número de fochas. Ademais existe o risco de que algún listón de madeira destas pasarelas ceda co peso dos usuarios, o que podería causar un accidente», sinalou a portavoz da formación laranxa.

Louzao criticou ademais a falta de sinalización desta zona, algo que está creando confusión entro os usuarios que perden o itinerario da ruta ao seguir outros itinerarios comunicados co Paseo dous Muiños como son o de Penarubia e o Monte Segade. «É necesario mellorar a sinalización desta ruta do mesmo xeito que é necesario mellorar a sinalización das rutas comunicantes do Monte Segade e Penarubia. O Goberno local non se pode quedar de brazos cruzados e debe levar a cabo as tarefas necesarias ante as administracións competentes para poñer en valor esta contorna medioambiental do noso municipio, xa que é un patrimonio de todos os veciños e veciñas de Lugo. É lamentable velo con semellante nivel de abandono», sinalou a concelleira.

Un espazo de valor medioambiental e grande patrimonio etnográfico 

«A contorna do río Mera é un dos espazos con maior valor medioambiental do noso municipio e cun patrimonio etnográfico incalculable, por iso instamos ao Goberno local a que demande de forma inmediata á Deputación provincial que realice coa máxima urxencia posible os labores de restauración necesarias para poñer en valor este patrimonio de todos os lucenses. O Goberno local debe velar por conservar e poñer en valor este espazo aínda que sexa de forma indirecta. Ademais existen formulas alternativas como a firma dun convenio para realizar os labores de mantemento e impedir que situacións como esta vólvanse  repetir» concluíu Louzao.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.