Ciudadanos Lugo insta ao Goberno local a instalar contedores para reciclar aceite “sen máis demora”

A portavoz municipal, Olga Louzao, criticou “a falta de vontade política” do Goberno local e censurou o seu “escaso compromiso pola reciclaxe e a conservación do medio natural”

A portavoz municipal de Cs Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao Goberno local a instalar contedores aptos para a reciclaxe do aceite de uso doméstico en varios puntos da cidade sen máis demora. «É necesario que o Goberno local actúe con premura. Unha cidade coas características de Lugo, a súa conexión co medio natural e a súa relación cos acuíferos da súa contorna, non se pode permitir non reciclar os aceites usados, xa que supón un risco real para o equilibrio do noso ecosistema», sinalou a concelleira da formación laranxa.

Louzao criticou a pasividade do Goberno local neste sentido. «É evidente que existe unha falta de vontade política con este asunto. Consideramos intolerable o escaso compromiso do executivo do Lara Méndez coa reciclaxe e a conservación do noso medio natural. É inconcibible que no ano 2020 o noso municipio careza dun sistema de reciclaxe de aceites usados efectivo, xa que os puntos actuais para levar a cabo este reciclaxe son anecdóticos», sinalou a portavoz.

O modelo de Vitoria, unha inspiración para Lugo

«O sistema de reciclaxe de aceite, cando chegue, non pode limitarse á instalación de catro puntos de forma testimonial. Desde Cs apostamos por un sistema integral que garanta a súa efectividade. Vitoria é un exemplo de que a aposta pola reciclaxe é rendible para a administración local e aumenta a calidade de vida dos cidadáns. A capital de Álava conta desde o pasado ano con 121 puntos de recollida de aceite sen custo para o Concello e ademais inclúe a recollida do aceite en edificios públicos como centros cívicos e equipamentos educativos», proseguiu. «Insistimos en que se trata dun problema de vontade política. O aceite de cociña usado é un dos contaminantes máis agresivos co medio ambiente. Un litro de aceite contamina máis de 1.000 litros de auga segundo os estudos técnicos», recordou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.