Comezan os traballos de acondicionamento da praia de Peralto do Grove

Tras a autorización facilitada polo Ministerio, o Concello comezou a mellora do areal

O Concello do Grove comezou esta mesma mañá a preparación da praia de Peralto, onde a area se acumulara na súa parte superior durante o inverno. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concedeu o permiso para esta intervención a pasada semana, o que supón que pode realizarse un movemento de area que permita “repartir” a que estaba acumulada na parte superior cara á zona inferior da praia, para igualar o areal e evitar as irregularidades na zona de firme máis próxima á liña de auga.

Estes traballos rematarán mañá mesmo e supoñen unha acción máis dentro do programa de recuperación posto en marcha polo Concello do Grove para mellorar e limpar os espazos urbanos tras o confinamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *