Comezan os traballos de basculamento da area e de posta a punto das instalacións nas praias de Marín

Tamén se está a limpar a contorna das praias e os servizos de aseo e vestiario

As praias de Marín xa comezan ser obxecto dos traballos de basculamento da area, un traballo de acondicionamento necesario realizar todos os anos para o correcto uso dos areais da vila.

Ademais, estase poñendo a punto toda a contorna así como os servizos de aseo e de vestiario a cargo do Grupo Roslev. De xeito concreto, levouse a cabo o chorreo de soportais de Portocelo, o desbroce das tres entradas de Mogor, a limpeza do viario desde a Escola Naval até Mogor e o vaciado de todas as papeleiras.

O obxectivo é poder ter os areais da vila en perfecto estado de cara ao inicio da época estival, do 1 de xullo ao 30 de setembro, no que as praias contan con cen por cen dos seus servizos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.