Completadas as obras de impermeabilización da cuberta do colexio de Muras

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora da cuberta do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Antia Cal Vazquez de Muras, ás que destinou un orzamento de 15.500 euros

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos acometéronse para corrixir a filtración de humidades nalgúns puntos. Así, procedeuse a retirar a impermeabilización da cuberta plana existente e a realizar unha nova cunha lamina flexible de poliurea. Igualmente, reparouse o lousado da cuberta inclinada.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional contemplaba a execución destas obras durante o verán, dentro da programación anual de traballos de mantemento e conservación, pero adiantáronse os prazos tras a suspensión das clases pola crise sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.