Comunicado do persoal facultativo e de enfermaría da Asamblea da Area de A Coruña

O persoal facultativo e de enfermaría da Asamblea da Area de A Coruña, ante o inminente inicio da segunda fase do Estudo de Seroprevalencia COVID 19 que promove a Consellería de Sanidade queremos manifestar o seguinte:

  1. Consideramos que non está acreditada suficientemente a fiabilidade do test monobanda a empregar no estudo, como xa quedou patente na primeira onda do proxecto na alta tasa de negativos. Naquel momento moitos facultativos xa alertamos das dúbidas que creaba. Seguimos descoñocendo que comité de expertos avala isto e en que se basa a insistencia en levalo a cabo.
  2. Se a utilidade epidemiolóxica é cuestionable, a utilidade clínica é nula. Nada vai a aportar aos nosos pacientes a información que poida obterse. Peor todavía, pode levarnos a darlles unha información errónea. E isto colócanos ante un problema de ética profesional: colaborar nun proxecto que non nos parece cientificamente sólido e ter que tomar decisións con datos que poden non ser fiables.
  3. A dedicación do persoal de enfermaría á realización dos test supón unha inversión de tempo e recursos nos Centros de Saúde, que detraemos doutras actividades de moito máis valor clínico neste momento como a realización de probas complementarias e recaptación e control de pacientes crónicos que quedaron relegadas durante a fase álxida da pandemia. A escasez de recursos, xa existente antes do inicio da pandemia segue estando tan vixente como antes, e a tan cacareada necesidade de reforzar a Atención Primaria vai en sentido diametralmente oposto, ao cargarnos con tarefas cientificamente cuestionables.
  4. Opinións nesta liña xa foron postas na luz pública en data recente por Sociedades científicas como a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, cuxo comunicado subscribimos, instando ao Sergas a non levar a cabo este proxecto. Se finalmente se decidira continuar adiante ao menos debería de facerse con persoal específico dos Servizos de Medicina Preventiva ou Saúde Pública, como se vén facendo co estudo en curso promovido polo Goberno Central.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.