Diego Fernández anuncia a súa retirada do fútbol

O ex do Bergantiños colga a botas para centrarse na súa carreira profesional

O futbolista -un dos indiscultibles no centro campo do noso primeiro equipo, ao que chegou hai dúas temporadas procedente do Silva, logo dunha traxectoria de éxito en clubs de Terceira e Preferente como Céltiga, Atlético Riveira, Boiro, Lalín ou Santa Comba- agradeceulle ao Bergantiños “a confianza que puxo en min estes anos e a última oferta de renovación”. “Pero por motivos persoais e laborais”, engadiu, “non podo seguir neste gran club; seguramente o mellor polo que pasei, por seriedade e compromiso. Levo de Carballo grandísimos amigos, que o serán xa para toda a vida”. “Aquí tedes”, rematou, “a un seguidor máis do Bergan; e este ano imos a por ese ascenso que tanto merecedes e seguro que conseguiredes”.

O presidente, Chano Calvo, trasladoulle persoalmente a Diego -habitual en dúas etapas nas convocatorias da selección galega, coa que este ano se proclamou campión da Copa Rexións UEFA- o sentir da nosa directiva: “En nome de todo o club quero manifestarche o agradecemento por estes dous anos con nós no Bergan, onde demostraches a túa grande profesionalidade, tanto no terreo de xogo como fóra del; deixas un gran vacío no equipo, moi difícil de cubrir. Desexámoste todo o mellor na túa nova profesión no mundo do mar: esperemos que chegues pronto a capitán”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.