En Marea esixe a consolidación do persoal sanitario e o reforzo integral do Servizo Galego de Saúde

A covoceira de En Marea, María Chao ven de manter unha xuntanza virtual co Sindicato de Enfermería (SATSE) para coñecer as súas demandas e trasladar propostas de actuación.

Dende SATSE insisten na necesidade de consolidar as prazas do persoal sanitario, nomeadamente de enfermería, afeando que “recollemos sinaturas e trasladamos unha Iniciativa Lexislativa Popular para debater no Congreso, para facer unha lei de ratios de enfermería por paciente”, pois segundo indican “inda non se debateu, mais é esencial regulalo, pois a día de hoxe só hai recomendacións do Ministerio, e non se cumpren, debe haber unha lei de obrigado cumprimento”.

Para SATSE, en Galicia precísanse 5000 enfermeiras máis, pois na rede pública, afirman “estamos moi por debaixo da ratio de enfermeiras por paciente do estado”.

Pola súa banda, a covoceira de En Marea, recoñeceu a labor esencial do persoal sanitario e de enfermería, así como a necesidade de “reforzar o Servizo Galego de Saúde, para que estea preparado, con todos os medios e recursos necesarios, para facer fronte a situacións de emerxencia como a que vivimos coa pandemia do coronavirus”.

Defenden dende En Marea a necesidade de contar con máis persoal de enfermería en centros de persoas maiores e centros sociosanitarios, pois segundo indican “a demografía específica de Galicia fai necesario que o colectivo de persoas maiores teña unha atención sanitaria e social de calidade”.

Dende En Marea, María Chao asume “as deplorables condicións de traballo” que padece este persoal, “con contratos de tercios e medias xornadas, chamamentos con horas de marxe para incorporarse, a non cobertura das baixas en primaria….”, polo que defenden, como veñen facendo ao longo destes meses, o recoñecemento e apoio a este sectorretendo así a estes profesionais en Galiciamellorando a coordinación entre servizos e Consellerías, nomeadamente en situacións de crise como a do COVID-19, incrementando as plantillas para chegar como mínimo ás ratios do resto do estado, pois ao igual que SATSE, dende En Marea entenden que “o persoal de enfermería fai unha función esencial, integradora e holísitca irrenunciable para a cidadanía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.