Entregadas 1.900 máscaras protectoras aos comerciantes de Caranza

O Concello de Ferrol iniciou a mediados de maio o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os comerciantes da cidade

En colaboración coas asociacións que aglutinan aos negocios deste sector e entidades veciñais, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos a través da concellería de Seguridade, da que é titular Germán Costoya, e a de Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus.

Na tarde de onte, Julián Reina, concelleiro de Urbanismo e voceiro do goberno local, entregou outras 1.900 máscaras protectoras á asociación de veciños de Caranza, que se repartirán entre os negocios do barrio. Xa no mes de maio recibíronas os comerciantes de Ultramar Village e do Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.