Entregado á Xunta o solo para continuar o carril bici entre Arillo e Lourido

O Concello de Oleiros entregará á Xunta de Galicia o solo necesario para a continuación do carril bici desde o pazo de Arillo ata Lourido. Nesta estrada autonómica, o Concello de Oleiros xa realizou a construción de todas as beirarrúas entre Mera e Santa Cruz

O Concello conseguiu o solo necesario grazas ás cesións realizadas polas persoas propietarias dos terreos lindeiros coa estrada. A Xunta de Galicia tiña un compromiso de realizar esta obra unha vez o Concello de Oleiros puxera o solo necesario á súa disposición.

“En Oleiros a xente ten un comportamento exemplar para facilitar o progreso do municipio. As grandes avenidas, os paseos, os carrís bicis e moitas outras actuacións menos grandes pero igual de importantes lográmolas sempre grazas á colaboración dos veciños e veciñas, que ceden o solo necesario para realizar estas obras. Neste caso entregáronnos moitos metros cadrados para poder conectar as beirarrúas desde o pazo de Arillo e ata a zona de Lourido”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.