Entregados 90 ordenadores para alumnado de Infantil e Primaria de Vigo

O goberno municipal de Vigo investiu 28.000 euros para dotarse de 200 equipos que repartirá aos centros educativos que o solicitaron para facilitarllos aos estudantes que non dispoñen de medios nin conexión para poder seguir a súa formación online

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que este mércores se entregarán os primeiros 90 ordenadores portátiles a 31 centros educativos de Infantil e Primaria da cidade e o próximo luns repartiranse 110. Son os equipos que adquiriu o Concello, por un importe de 28.000 euros, para dotar aos centros que o solicitaron para o alumnado que non dispón de medios nin de conexión a Internet para poder seguir a docencia a distancia.

O goberno municipal xa entregara durante esta crise sanitaria outros 100 ordenadores con conexión a Internet, que os centros poñen a disposición do alumnado, polo que cando remate esta campaña teranse repartido un total de 300.

Abel Caballero salientou que se trata dun programa que nace a raíz da emerxencia provocada polo Covid-19 para “evitar que arredor de 600 nenas e nenos da cidade non poidan atender as clases por medios telemáticos”. Xunto co ordenador, facilítase a conexión a Internet ata o 31 de xullo aínda que, segundo apuntou o alcalde, en función de como se desenvolva a situación sanitaria e o inicio do curso 2020-2021 non se descarta a posibilidade de prorrogar estes préstamos de equipos e conectividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.