EQUO Galicia apoia os dereitos das persoas LGTBI+ e impulsarán un programa de medidas específicas para protexer as persoas trans

“Toda persoa ten dereito a ser quen é e amar a quen quera sen que poda ser vítima de discriminacións ou limitacións”. Este é o firme posicionamento de EQUO Galicia, que ven de presentar as súas medidas para a protección deste colectivo dentro do seu programa electoral das vindeiras autonómicas do 12X

O candidato á Xunta de Galicia, Alberto Prieto, subliñou que a formación ecoloxista non acadará pactos de goberno con partidos que non respecten os dereitos da comunidade LGTBI ou de ningunha iniciativa que poda fomentar o odio ou a discriminación contra estas persoas. “Promoveremos a linguaxe inclusiva nas institucións, escolas e televisión, lugar onde daremos cabida á programación con contidos de diversidade sexual e de xénero con campañas de non discriminación e visibilización” explicou Prieto.

A formación ecoloxista garantirá o dereito de reunión e manifestación, eido no que aínda hai que traballar en pequenas vilas e aldeas e perseguirán de forma activa as terapias de conversión. Ademais de sensibilizar e previr as conductas violentas o partido verde realizará un protocolo de atención ás vítimas de agresións por LGTBIfobia en colaboración coas forzas de seguridade as cales recibiran formación específica na materia.

“No eido da educación crearemos un programa galego de educación obrigatoria sobre diversidade afectiva-sexual e identitaria o cal tamén nos permitirá mellorar as nosas políticas de prevención de bullying especialmente no referido á LGBTIfobia” apuntou o candidato á Xunta do partido ecoloxista.

Outras das medidas que cómpre non esquecer son as de garantir o asilo a todas as persoas LGTBI refuxiadas, crear un Observatorio Galego de LGTBIfobia en colaboración cos Concellos e mellorar as dotacións e estabilizar o persoal que traballa nos Centros Quérote+
Protección dos Dereitos das Persoas Trans EQUO Galicia quere destacar a especial protección que deber ser prestada aos dereitos das persoas trans xa que, na actualidade, é un dos colectivos que máis ataques recibe e non soamente dende sectores conservadores de ultradereita senón tamén de colectivos que deberan ser os seus aliados. “Non importa se eres trans ou CIS: as mulleres trans son mulleres a todos os efectos e pensamos que, na actualidade, este colectivo está a ser dobremente discriminado, polo tanto, entendemos que hoxe máis que nunca precisamos a aprobación dunha Lei Galega de Identidade de Xénero”, engadiu Prieto.

O partido ecoloxista elaborará este proxecto lexislativo en colaboración con todas as organizacións trans e LGTBI do país para que se inclúa un recoñecemento expreso do dereito da identidade, reserva de prazas de traballo nas administracións, protocolo axilizado para o cambio de nome, inclusión do xénero non binario nos modelos de solicitudes e instancias, recoñecemento da identidade trans nas crianzas, garantir o dereito a coñecer o historial medico-cirúrxico de persoas intersexuais e a prohibición de operacións sen consentimento neste colectivo e a total despatoloxización.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.