EQUO Galicia pide a retirada da recomendación de que se leve o voto preparado dende casa

“Se a Xunta mantén a recomendación, debería facer un envío único de todas as papeletas, o que tamén supón unha redución da pegada de carbono na loxística electoral”

Dende EQUO Galicia pensan que “a Xunta de Galicia está vulnerando o principio de igualdade de oportunidades ante a cita electoral do 12 de xullo na resolución no 29 de maio de 2020 na que a Secretaría Técnica da Presidencia da Xunta de Galicia recomendaba asistir co voto preparado desde o domicilio”. Polo tanto solicitarán “a retirada desta recomendación” ante a Xunta Electoral de Galicia.

Alberto Prieto, o candidato á presidencia da Xunta pola formación ecoloxista, entende que “unha parte importante das candidaturas non ten a capacidade loxística nin económica para enviar o voto por correo aos electores” e, polo tanto, “estase facendo unha recomendación que só favorece ás grandes candidaturas, posto que se pide escoller por unha das que se fagan chegar aos domicilios”. Engade ante isto que “se a Xunta mantén a recomendación, debería facer un envío único de todas as papeletas, o que tamén supón unha redución da pegada de carbono na loxística electoral”.

Equo Galicia fixo chegar esta protesta ante a Xunta Electoral e considera este un dos moitos exemplos de como desde a Xunta de Galicia están a “ignorar” candidaturas pequenas. Pese a todo, remata Prieto “isto non nos fai perder a ilusión e estamos preparadas para levar a ecoloxía ao Parlamento nos vindeiros comicios”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.