Esta semana abre a Oficina de Turismo de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera

O Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. Ademais de máscara obrigatoria, a capacidade estará limitada a unha persoa no punto de información de Santa Cristina e a seis persoas na Aula do Mar

Para acceder á Aula do Mar terán prioridade de acceso aquelas persoas que soliciten cita previa a través do teléfono 981 618 154 ou en  turismo@oleiros.org. Aquelas persoas visitantes sen cita previa accederán por orde de chegada, sempre e cando haxa prazas dispoñibles. Coa intención de garantir que o maior número de persoas poida acceder á Aula do Mar, establecerase un tempo máximo de visita de 25 minutos.

O punto de información de Santa Cristina abrirá de 10:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas de mércores a sábados e de 10:00 a 14:30 horas os domingos. A Aula do Mar abrirá de 10:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas de mércores a domingo e de 17:00 a 20:00 os martes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.