Ferrol abre o servizo de préstamo con cita previa da Biblioteca central

Os usuarios deberán solicitar ao centro o material que desexa retirar e o persoal confirmaralles o día e hora da súa retirada
O Concello de Ferrol abre este mércores o servizo de préstamo con cita previa da Biblioteca municipal central, na praza de España. Os usuarios deberán solicitar ao persoal do centro o material que desexan retirar a través do número de teléfono 981 944 182, o correo electrónico biblioteca@ferrol.es ou mediante o formulario que a partir das 9 horas estará habilitado na páxina da biblioteca municipal. Ademais, poderase consultar o catálogo.