Galicia en Común denuncia a campaña institucional da Xunta e do PP de Feijóo ante a Xunta Electoral Central «por infrinxir a lei»

Gómez Reino: “Feijóo emprega a Xunta contra á sociedade con prácticas corruptas que vulneran a LOREG”

Galicia en Común-Anova Mareas ven de presentar este xoves dúas denuncias ante a Xunta Electoral Central contra á Xunta de Galicia e contra o PP de Alberto Núñez Feijóo por infrinxir de forma clara, flagrante, reiterada e maliciosa a Lei Orgánica de Rexime Electoral (LOREG) con afán partidista para manipular ao electorado.

“Vimos de presentar dúas denuncias ante a Xunta Electoral Central por feitos de enorme gravidade que resultan, ademais, un uso corrupto e torticero das institucións públicas que son de todas e todos”, manifestaba hoxe en rolda de prensa Antón Gómez Reino, portavoz e candidato da coalición á Presidencia da Xunta.

“En primeiro lugar, denunciamos a Alberto Núñez Feijóo por empregar a Xunta de Galicia en contra do interese da sociedade con claro uso e afán partidista procurando o beneficio para o PP cunha vulneración maliociosa da lei”, afirmou Gómez Reino.

“A tres semanas da cita coas urnas, -relatou o voceiro- o PP de Feijóo activa desde a Xunta a campaña institucional Galicia Volve, con difusión desde os perfís oficiais do Goberno galego, alén doutros medios, nun intento burdo de apropiarse para sí do patrimonio e a paisaxe de todas nós, e vendendo como un logro propio a inexistente xestión da Covid19”. “Esiximos a súa retirada”, demandou Gómez Reino.

A segunda denuncia ante XEC formulada hoxe pola coalición, é referida aos bochornosos cheques de hostalaría e para autónomos presentados os días 15 e 19 de xuño.

“Despois de tres mes de absoluta inacción e de non exercer as súas competencias, anuncian medidas que claramente se achegan ao soborno para aos colectivos aos que precarizaron e desprotexeron durante anos, e que xa amosaron de forma contundente o seu absoluto rexeitamento a este cheque clientelar e infame”.

“Hoxe podemos dicir que o señor Núñez Feijóo, que o Partido Popular de Galicia están xa condeados por por vulnerar os dereitos dun deputado galego ocultando de forma sistemática información sobre a estafa das caixas de aforros”, engadía Gómez Reino, aludindo a Antón Sánchez.

Desde Galicia en Común dicimos, e así o formulamos nas nosas denuncias, que «o señor Feijóo, candidato e presidente interino, está a empregar a Xunta de Galicia de forma corrupa, partista e interesada en contra dos intereses dos galegos e da pluralidade politica, vulnerando, unha e outra vez, a lei electoral”, o portavoz da coalición.

Por último, Antón Gómez Reino reiterou que Galicia ten una maoría de progreso que pide cambio.  «Un cambio posible que está a un paso», remarcou.

«Como Fraga, Feijóo, que é o seu discípulo, coida que é invencible. Precisamos dunha mobilización desa maioría de esquerdas que Galicia expresa de forma clara en todos os procesos electorais e temos a absoluta certeza de que o noso espazo, Galicia en Común-Anova Mareas, vai a ser a chave desde cambio”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.