Iniciadas as obras de humanización da Rúa da Estrada de Marín

Os traballos mellorarán toda esta infraestrutura viaria, moi utilizada especialmente no verán polo aumento de afluencia ás praias. Está previsto que os traballos duren tres meses

Este luns comezaron as obras de humanización da Rúa Estrada, un dos viarios máis céntricos da vila marinense e que precisa dunha renovación do espazo público para mellorar a mobilidade urbana.

Este proxecto, que conta cunha financiación do 70% pola Xunta de Galicia, ao abeiro dun convenio firmado coa Consellería de Medio Ambiente, suporá o ancheamento das beirarrúas para mellorar o tránsito peonil e manterá a dirección única no carril de circulación.

Tamén se renovarán os servizos municipais de saneamento e as luminarias, que cumprirán cos estándares de eficiencia enerxética.

A realización dos traballos durará 3 meses e suporá a supresión temporal do estacionamento e cortes puntuais no fluxo do tráfico, que se informarán con antelación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.