Iniciado o balizamento das praias de Marín

O Concello pide responsabilidade individual para manter en todo momento as medidas de prevención e seguridade
Esta semana, comezaron nos areais marinenses os traballos de balizamento, de cara a ter todo preparado para o inicio da época estival. Segundo informou esta mañá o Goberno local, o acondicionamento das praias continúa o seu curso, así como a contratación de socorristas de cara os meses de xullo e agosto.
As praias de Marín, distinguidas como de Bandeira Azul, terán todos os seus servizos plenamente activos nestes meses, á par que se segue a traballar na medición dos aforos de cada praia, en todos os momentos do día dependendo das mareas, para adaptarse ás esixencias sanitarias e de prevención derivadas da crise sanitaria da Covid19.
Viario de praias
Por outra banda, están a piques de finalizarse o proxecto de renovación do pavimento do viario de praias á altura de Aguete, onde queda unicamente rematar co pintado da sinalización horizontal.