Lugo aprobará a contratación do repintado da sinalización horizontal

Rubén Arroxo: “O pintado realizarase aplicando as últimas modificacións da ordenanza de circulación, polo que se instalarán avanzabicis e se eliminarán zonas nas que se podían producir resbalóns”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a Xunta de Goberno que se celebrará mañá aprobará a proposta da Mesa de Contratación para realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade. Arroxo lembrou que “esta actuación debía estarse realizando xa, mais debido á crise sanitaria e magnitude e complexidade da mesma, non se puido rematar o proceso até o de agora”.

Rubén Arroxo lembrou que contratación deste pintado se dividiu en catro lotes “para que toda a cidade fose avanzando de maneira uniforme”. O Tenente de Alcalde informou que, en total, a área de Mobilidade e Infraestruturas investirá 505.306,50€, cun prazo total de 4 meses..

Rubén Arroxo informou que se levarán a cabo as modificacións no pintado “que xa se están a realizar actualmente coa adaptación do novo plan de tráfico do barrio da Milagrosa”. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.

“Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento”, informou Rubén Arroxo, que engadiu “todas estas modificacións tratan de dar resposta ás solicitudes da veciñanza e adaptar a sinalización das vías aos avances na mobilidade, seguindo o exemplo de outras cidades”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.