Lugo homenaxea no cemiterio ás persoas que perderon a vida durante a emerxencia sanitaria

A homenaxe terá lugar este martes ás 19 horas no Cemiterio Municipal

A área de Participación e servizos para a Veciñanza realizará unha homenaxe ás persoas falecidas durante a emerxencia sanitaria que consistirá nunha ofrenda floral con acompañamento musical. O acto terá lugar no día de mañá, 30 de xuño a partir das 19 horas. Segundo declarou a concelleira responsábel, Cristina López: “queremos honrar a todas aquelas persoas que, pola situación de excepcionalidade que se estaba a vivir, non puideron estar acompañadas polos seus familiares”.

“Trátase dunha homenaxe a todas as persoas que faleceron no transcurso da crise sanitaria, mais é tamén un xeito de acompañar a quen tivo que afrontar a perda dun ser querido sen poder despedirse”, afirmou Cristina López, que sinalou que “a despedida é un eixo fundamental no proceso de superación dunha perda pero, por causa da situación excepcional, isto non foi posible”.

Cristina López lembrou que “o acto se realizará cumprindo as medidas ditadas polas autoridades sanitarias” e animou a todas as persoas que sufriron a perda dun ser querido a achegarse ao cemiterio para darlles un último adeus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.